Sorteo socios

Faite socio e súmate o esforzo colectivo!!

 

Xunto coa celebración da nosa regata da ACT, quixemos premiar os socios e socias os que tanto debemos e que xunto cos patrocinadores fan posible a existencia da S.D. Tirán.

O sorteo dos 3 vales por valor de 100 € cada un en roupa deportiva do club celebróuse o sábado 25 despois da regata entre os socios activos en 2018.

E a sorte quixo que os premiados foran socios de sempre, afeccionados de toda a vida que levan na S. D. Tiran dende o seus comezos como son José Martínez Acuña e José Piñeiro Piñeiro, e por outro lado un remeiro da canteira do club como Pablo Gutierrez Carracelas, remeiro dende as categorías base ata a remar na ACT e despois adestrador.

En resumen un premio a fidelidade.