(Español) Campeonas de España

  • 04 de Outubro de 2020
  • SD Tiran
  • Bateles
  • 0
  • 27 Leturas

As nosas rapazas do batel xuvenil femenino: Lucía Verdeal (Patroa), Eva Paz, Atenea Fontenla, Noa Pombal e Laura Fernández lograron en Meira o campionato de España cun Tempo de 10:27,29 sacándolle máis de 12 segundos a seguinte embarcación (Tolosaldea). Inmellorable traballo o realizado polas nosas xuvenis que non fixeron máis que ratificar a confianza que se ten depositada nelas (coma no resto da nosa canteira) dende o Clube.

Destacar tamén o gran papel realizado tanto polo batel infantil masculino, logrando acceder a Final “A” e un 5º posto final no Campeonato de España así como do Infantil Femenino que consiguiu tamén un meritorio 5º posto na Final “B” do Campionato de España.

Aproveitamos este medio para destacar tamén o bo traballo realizado polo resto de equipos tanto en categoría femenina coma masculina así como do Corpo Técnico nesta tempada tan atípica o cal acentúa todavía máis todolos éxitos conqueridos. !Noraboa a tod@s!

Share:

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *