Tirán afronta la tempada mais atípica da súa historia

calendario Liga Galega Traiñas 2020

A todos tócanos adaptarnos aos novos tempos, a Liga Galega de Traiñeiras e os clubs que a compoñen, non van ser menos, argallando na dixitalización e a xestión remota de todas as reunións, que despois dunhas arduas negociacións permitiunos aprobar o calendario da tempada 2020. Partindo como principal prioridade na posta en marcha dos protocolos e medidas de seguridade fronte ao Covid19, co fin de evitar e en todo caso minimizar as posibles incidencias, comezaremos o 18 de xullo en Cabo dá Cruz, para finalizar o 30 de agosto en augas da Baía do Orzán, co clásico Teresa Herrera.

Liga A

Formada por dez equipos:  Samertolameu, Tirán, Bueu, Mecos, Vilaxoán, Rianxo, Cabo dá Cruz, Muros, Esteirana e Mera. Disputaranse 11 probas, os sábados e os domingos, con excepción do 1 e 2 de Agosto, que servirá de descanso para as tripulacións, finalizando a última fin de semana de Agosto nas augas da Baía do Orzán na Coruña

Liga B

No que respecta a a liga B, con seis equipos equipos: Chapela, Cesantes, Poboa, Narón, Castropol e Perillo. Dará comezo o Domingo 19 de Julio en Chapela e tamén finalizará co Teresa Herrera a última fin de semana de agosto.

Liga Feminina

Seis tripulacións en liza para a liga Feminina: Samertolameu, Tirán, Rianxo, Cabo dá Cruz, Chapela e Perillo. Con sete regatas, data incio en Cabo de Cruz o 18 de xullo e final o 29 de agosto en augas da Coruña, como o resto de competicións da liga.

 

Foto familia antes da primeira saída o mar, despois do confinamento COVID19

Primeria saída o mar despois do confinamento

Share:

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *