Tirán despide a Tempada coa cabeza ben alta

  • 29 de Setembro de 2019
  • SD Tiran
  • Noticias
  • 0
  • 283 Leturas

Tirán supera a Deusto e San Pedro en Portugalete. Fran G. Sas Moaña 16.09.2019

Tirán Pereira despediu onte o ascenso a Liga Euskolabel coa cabeza moi alta, pois na segunda xornada do playoff, en Portugalete, os moañeses foron terceiros e consiguiron superar a San Pedro e a Deusto. O CR Ares foi segundo, por detrás de Zarautz e na xeral de todo o fin de semana tanto os coruñeses como Zarautz empataron a 9 puntos, cos galegos como vencedores por unhas décimas.

Pero a tripulación da “Mar do Con” tamén regresou pola tarde a Galicia con unha sonrisa nos beizos pese a non poder ascender. Saliu a remar na contrarreloj no primeiro lugar, o ser derradeira o sábado en Bermeo. Sen a referencia dos seus rivais, os moañeses realizaron un excepcional primeiro longo na desembocadura do Nervión, chegando a virada en 4:23 minutos e marcando o segundo mellor tempo. Deusto so estivo menos dun segundo máis rápido. O entrenador, Benjamín Vázquez “Benji”, explica que “beneficiamonos da corriente a favor. O ter un equipo moi lixeiro, nesas condicións conta máis a técnica que a forza e puidemos rendir muy bien”. Máis difícil foi para os moañeses o segundo longo, a contracorrente. Chegaron a virada os 9:52 minutos e Deusto, Ares y Zarautz xa iban máis rápidos. De novo no longo de ida Tirán iniciou a remontada a Deusto escapando máis de San Pedro. Supo aguantar no último longo e quedar por encima de estas duas embarcacións.

Zarautz acabou a regata de Portugalete con un tempo de 19:48.58 minutos. Ares foi segundo con 2.46 segundos máis. Xa a 12 segundos entrou Tirán (20:01,26). Deusto cruzó a meta a 12.98 segundos da cabeza e San Pedro, que consumou o seu descenso de categoría firmando un fin de semana moi por debaixo do esperado, foi derradeiro con máis de 19 segundos por debaixo de Zarautz.

A finalización da proba o adestrador de Tirán Pereira, Benji, mostrouse moi contento “porque aguantamos moi ben e competimos a alto nivel. Demostramos que somos unha tripulación con futuro. Nos tomamos o playoff como un premio e mantendremos o proxecto co obxetivo de seguir medrando e poder ascender a medio plazo xa con un equipo de garantías que nos permita permanecer máis tempadas na ACT”, indicou.

Share:

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *