Tirán loitará polo ascenso a ACT

  • 26 de Agosto de 2019
  • SD Tiran
  • Noticias
  • 1
  • 462 Leturas

 

A “Mar do Con” finaliza a Liga Galega no subcampionato e Coruxo é segundo no play-off. Jorge Castro. Vigo 25/08/2019.

Na Liga Galega A, Tirán Pereira asinou a terceira posición e, con ela, métese nas regatas de ascenso á Liga ACT xunto á embarcación coruñesa de Ares, que obtivo o mellor tempo onte e pecha a competición ligueira na primera posición. A loita da “Mar do Con” foi co barco grovense de “Mecos”, que onte rematou na segunda posición e quedou a un punto da traiñeira moañesa na clasificación xeral.
Pola súa banda, Samertolameu estivo lonxe das súas prestacións habituais. Repetiu cuarta posición, pero afastada no referente ós tempos dos seus predecesores e tamén pecha o curso nesta posición na xeral. Hoxe buscará loitar pola vitoria na regata final do Teresa Herrera, pero xa non é puntuable (12:15 horas).
Na categoría feminina, Mecos Coruxo obtuvo a vitoria por unha marxe de 11 segundos sobre Perillo. Tirán Pereira cedeu 17. A tripulación grovense viguesa, que tamén conta con deportistas de Samertolameu, xa tiña gañada a Liga Galicia Calidade e hoxe é a gran favorita ó triunfo (11:45).

Share:

One Response to the post:

  • Leave a Reply

    Your email address will not be published. Required fields are marked *