Ares pon terra de por medio

Os coruñeses suman a súa terceira victoria consecutiva na Liga A.

koroibos | vigo 07.07.2019

A tripulación do Club Remo Ares sigue mostrándose inalcanzable ante os seus directos adversarios na primeira división da Liga Galega de Traiñas e onte voltou a selo campeón induscutible na XIV Bandeira Concello de A Pobra do Caramiñal. Non se pode pedir máis: tres regatas e tres victorias e ademáis, con contundencia e sencillez. Agora lidera en solitario con 33 puntos, seguido de Mecos con 29; e Samertolaméu e Tirán con 26. O hoco estase agrandando e cada xornada parece máis difícil para os tres que siguen a Ares, porque non parecen os remeros ártabros, moi asequibles a sufrir fraquezas. O menos co poderío que ven amosando.

A terceira serie, e en teoría a final entre os favoritos, no deixou liberdade a unha posible sorpresa. Ares seguiu o guión e non se apartou ni un ápice. Dende a primeira palada zanxou a pelexa pola victoria, poñendo a súa proa en franquía de victoria, domiñando dende tan privilexiada posición, todas as evolucións dos que podrían presentarlle batalla. Pero todo se difuminou dende a metade de regata.

Samertolaméu tentou presentarlle batalla e o que sí abriron foi un duelo pechado con Mecos, mentras Tirán iba perdendo fuelle. Victoria soberana de Ares, e sprint espectacular entre Mecos e Samertolaméu pola segunda plaza que os de O Grove inclinaron o seu favor con 28 centésimas por diante. Tirán, cuarto na pelexa, viuse desbordado e soamentes pudo ser cuarto.

Liga Femeniña

Tamén no mismo escenario de Chapela disputouse onte a primeira regata da Liga Femeniña con unha victoria clara e contundente do equipo mixto Mecos-Coruxo, que non deixaron opción a nengunha das sus adversarias. Campeonas e dueñas soberanas da regata de onte e da IV Bandeira Concello de Redondela, que lles foi entregada o rematar a proba, o mismo que a Cabana-Ferrol, pola alcaldesa de Redondela.

Este mixto Mecos-Coruxo abre a clasificación xeral con seis puntos, seguidas de Cabo da Cruz que lles apretou, pero de lonxe, e máis atrás Perillo, tercero; logo Tirán, Mugardos e Chapela.

Share: